Arranca o ciclo de cine Euroárabe Amal no xuño da cultura e as letras de Riveira
O calendario de actos de mañá venres 7 de xuño traerá ao municipio un total de oito eventos incardinados no Xuño da Cultura e as Artes de Riveira.
A programación dará comezo un día máis ás 9 horas cunha nova visita de alumnos ao parque periurbano e ao seu centro de interpretación con motivo da actividade “Os artistas en San Roque”, concibida para que as xeracións máis novas se adentren no mundo do megalistismo, da Idade de Bronce e a Idade de Ferro.
Ás 11 horas, o grupo Troula Teatro desenvolverá na Casa da Xuventude a obra “A gaivota Antón”. Trátase dunha acción de sensibilización ambiental promovida polo Concello coa colaboración do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A iniciativa da asociación de Amas de Casa, A sede do Club Náutico de Riveira dará cabida entre as 16.30 e as 18.30 horas a unha clase de tapas dirixida a 20 hostaleiros do municipio.
O bar Brétema acollerá catro actividades: ás 17.30 horas, unha nova xornada de xadrez de portas abertas; e ás 20 horas haberá, por unha parte, un encontro de música tradicional galega e festa na que poden participar cos seus instrumentos todos os que se queiran sumar; en segundo lugar, un taller de guitarra; e por último, unha “kedada” para falar inglés en “Meet and Talk”.
Para finalizar a xornada, o Auditorio Municipal de Riveira dará cabida ás 21 horas á primeira sesión do Ciclo de Cine Euroárabe Amal.
Esta á unha acción organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Fundación Araguaney-Puente de Culturas. A entrada é libre e gratuíta. Proxectarase a curta Eid (filmación de nacionalidade palestina dirixida por Saaheb Collective) e o filme holandés Rabat (dirixido por Jin Taihuttu e Víctor Ponten).











