Arranca a construción do novo paseo marítimo-terrestre da beira litoral de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Traballos no paseo de Riveira

Traballos no paseo de Riveira

Hoxe deu comezo a construción do Paseo Marítimo-Terrestre da Beira Litoral de Riveira: unha actuación englobada no macroproxecto Riveira Atlántica, que está cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea.

A obra vai ser executada pola UTE formada por Atlántica de Construción y Medio Ambiente, S.L., e Obras Generales del Norte, S.A. por un prazo de 5 meses. A actuación ascende a un montante de 841.815,77 euros, incluíndo a redacción do proxecto de execución, de que tamén se encargou a citada UTE.

Deseño singular

O paseo terá un diseño singular integrado co entorno. Entre as súas principais características, cabe salientar a colocación ao longo do mesmo dun banco corrido de formigón que desempeñará múltiples funcións: dende evitar a colocación de barandillas que entorpezan a visibilidade do mar ata servir de perímetro de seguridade para o peón.

Tamén disporá dun carril bici de 1,50 metros de ancho e con pavimento continuo de formigón antideslizante  e diversas espazos verdes.

En canto ao propio paseo, construirase cun material novidoso a medio camiño entre a baldosa de gres e o adoquín, caracterizado pola súa alta resistencia fronte a climas costeiros. Haberá zonas voladas en algúns puntos para asegurar a comodidade do peón. Instalaranse novas luminarias de tecnoloxía led.

Valorizar os atributos turísticos de Riveira, puntal para o crecemento socio-económico

O propósito xeral deste proxecto de longo percorrido é a transformación  do Concello de Riveira nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano.

4 de xuño de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.