Alumnos do Colexio Galaxia insuflan cor á casa da xuventude coas súas revisións da obra “As mariscadoras” de Luis Seoane

Mural realizado polos alumnos
Unha quincena de alumnos e alumnas do colexio Galaxia están a participar dende a tarde de onte nun obradoiro de pintura mural que, organizado no marco do Xuño da Cultura e as Artes, terá o valor engadido de insuflar cor ao monocromo muro exterior da Casa da Xuventude de Riveira.
Así, baixo a dirección do profesor de artes plásticas Fernando Yáñez, os estudantes que pertencen a 3º e 1º de ESO están a recrear o coñecido cadro de Luis Seoane “As Mariscadoras”, de 1960, que se expón no Museo de Belas Artes da Coruña.
Aire pop
De aire máis pop, a reinterpretación dos rapaces xogará con distintas cores e tonalidades en cada unha das versións que se fagan da obra de Soeane (achégase fotamontaxe do resultado).
Hoxe pola tarde proseguirán con este labor entre as 16.30 e as 18 horas e está previsto que culminen o mural na vindeira semana.
A actividade está organizada pola Concellería de Xuventude, que dirixe Aroa Fernández; e o colexio Galaxia.











