A Semana Verde asina un convenio co Concello de Silleda para a cesión dos aparcadoiros e a doazón da recadación a un programa solidario
O director da Fundación Semana Verde de Galicia, Pedro Corbacho, e alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, asinaron hoxe un convenio mediante o cal a entidade feiral cede ao Concello cinco aparcadoiros do recinto durante os tres últimos días de celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se desenvolverá dende maña e ata o domingo.
A finalidade deste acordo e que o Concello xestione estes espazos durante os catro días do certame e que a recadación sexa doada á rede de axuda solidaria ás familias silledenses máis necesitadas, a través do programa Silleda Solidaria.
As aportacións que realicen os visitantes do certame serán totalmente voluntarias, sen establecerse ningunha cantidade para as doazóns. Para informar sobre esta iniciativa ás persoas que fagan uso do aparcadoiro e tamén sobre o carácter opcional da aportación, o Concello autorizará a diversos operarios. Estes portarán unha acreditación que permitirá identificarlos como parte desta acción solidaria.
O obxectivo da Fundación Semana Verde de Galicia e o Concello de Silleda con esta iniciativa é contribuír a un fin social e humanitario nun momento de dificultade económica.











