A Coral Polifónica Municipal ofrecerá un ensaio público ante ao mercado de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

Dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes, a Coral Polifónica Municipal de Riveira, que dirixe Enrique Paisal Rego, vai ofrecer mañá un ensaio ao aire libre na coñecida como praza do peixe, diante do Mercado Municipal. A actuación está prevista para as 19.45 horas.

A xornada comezará un día máis coa iniciativa Os Artistas en San Roque para aprenderlles dunha forma lúdica e amena algúns conceptos básicos aos rapaces sobre o período megalítico, a idade de bronce e a idade de ferro. Terá lugar de 9 a 13.30 horas no parque periurbano.

Guernica en Negativo

Ademais, o Colexio Galaxia inaugurará a exposición do Guernica en Negativo na sala baixa do Auditorio Municipal. Será ás 13 horas.

Por outra banda, a vinoteca Abuela Gloria ofrecerá unha degustación-cata de vi´ño ás 20.30 horas, mentres que o bar Brétema dará cabida a un concerto acústico a partir das 23 horas a cargo de Cristiniña.

12 de xuño de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.