A Casa da Xuventude de Silleda acolle unha exposición cos traballos dos obradoiros do Clube do Centro Social dos Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

Os traballos realizados durante algúns dos obradoiros do programa Silleda Activa, organizado dende o Club do Centro Social dos Maiores poderán contemplarse nos vindeiros días na Casa da Xuventude.

A mostra contará cos traballos realizados polos alumnos e alumnas que asistiron nos últimos meses ao curso interxeracional de pintura e tamén os realizados polos participantes no obradoiro de Arte Terapéutica, unha das novidades da programación no pasado trimestre. Estes obradoiros nacen coa finalidade de ofrecer actividades diferentes e divertidas para os nosos maiores coa finalidade de promover o seu benestar físico, psicolóxico e social. Traballando cos mesmos aspectos manipulativos á vez que creativos e imaxinativos e que reforcen o seu movemento tanto físico como mental.

Os traballos estarán expostos nunha das salas da Casa da Xuventude ata o vindeiro día 5 de xullo. A inauguración será o venres día 28 ás 19.00 horas.

A mostra poderá visitarse en hroario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.

26 de xuño de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.