A actuación de Yolanda Castaño na biblioteca de Riveira suscitou o interese de numerosos nenos e pais

Yolanda Castaño na sesión de lectura
A intervención da poetisa Yolanda Castaño no marco do Xuño da Cultura e as Artes o pasado sábado suscitou o interese de numerosos nenos e pais da comarca, que non dubidaron en achegarse ata a Biblioteca Municipal de Riveira para presenciar a actuación desta nomeada literata.
Castaño (Santiago de Compostela, 1977) deleitou á asistencia maioritariamente infantil cun recitado de poemas titulado “A poesía non morde”, no afán de familiarizar aos máis pequenos con esta arte.
A acción foi unha proposta das Concellerías de Educación e Cultura do Concello, que tamén recibiu a colaboración da Xunta a través do seu programa “Ler conta moito”.











