50 alumnos aumentan os seus coñecementos sobre o Parque Nacional Illas Atlánticas no centro cultural Lustres Rivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Instante da charla

Instante da charla

Un dos obxectivos cos que se concibiu o centro Lustres Rivas é o de servir como un escenario adecuado para o desenvolvemento de cursos dirixidos a unha audiencia de en torno a medio centenar de persoas. Neste sentido, o novo espazo cultural non podía comezar con mellor pé, pois o salón de actos alí albergado recibiu a 50 alumnos (o límite máximo de prazas convocadas) con motivo do curso de guías do Parque Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, que comezou hoxe.

A acción está promovida polo Concello de Riveira en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, e ten como principal obxectivo preparar a todos aqueles profesionais que desenvolvan traballos de acompañamento e acercamento do patrimonio deste Parque Nacional aos visitantes, establecendo criterios comúns concordantes cos obxectivos de conservación e xestión deste espazo protexido

Consonte con este fin, o perfil do alumnado está formado por monitores e guías ambientais, técnicos que desenvolven programas de educación e/ou interpretación ambiental, informadores turísticos, etc…

Entre hoxe e o venres 14, os  asistentes terán a oportunidade de perfeccionar os seus coñecementos en temas como a flora e fauna do parque, a súa arqueoloxía e etnografía, os seus valores culturais, a lexislación ou as técnicas de atención ao visitante.

Visita a Sálvora

O curso rematará coa visita do alumnado á illa de Sálvora para realizar un caso práctico.

10 de xuño de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.