Unha presentación literaria e un contacontos, propostas na fin de semana do maio cultural de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

A programación do Maio Cultural 2013 do Concello de Riveira trae dúas actividades para esta primeira fin de semana do mes.

Por unha parte, ás 20.30 horas de hoxe terá lugar no Auditorio a presentación do libro “Matriarcas”, da xornalista arousá Montse Fajardo.

“Matriarcas” recolle as testemuñas de dez mulleres de distintos puntos de Galicia que, contando á súa vida, destripan a realidade do matriarcado que sostiña a realidade galega de posguerra. Unha desas mulleres é a riveirense Gloria Lijó Cacharrón, capítulo que ocupará un lugar destacado na exposición de hoxe.

O evento, de acceso libre e gratuíto, contará coa actuación do Grupo Xuvenil de Teatro de Riveira, dirixido por Segundo Chiki Durán.

Por outra parte, mañá sábado, en horario de 12 a 13.30 horas, a Biblioteca Municipal dará cabida a un contacontos que animará aos máis novos a afeccionarse polo mundo da lectura.

O contacontos será Fran Alonso,  quen ofrecerá un espectáculo-recital titulado “A poesía é un globo” no que, empregando poemas propios e alleos explicará, que é a poesía; todo isto aderezado con recursos da oralidade, música ou teatro: sons, marionetas, voces, serpentinas…

A actividade está pensado para nenos de 3 a 12 anos.

3 de maio de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.