publicidade hoxe

Unha guía literaria percorre os autores e escritores asociados aos 22 municipios da Ruta Xacobea de Arousa e Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRiveira
A-
A+
Presentación do proxecto

Presentación do proxecto

As instalacións da empresa Congalsa en A Pobra deron cabida este mediodía á presentación dunha nova publicación promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que recolle un importante compendio de escritores e autores que forman parte das localidades que integran esta primixenio camiño xacobeo. O nome da publicación, “Guía literaria de la Ruta Xacobea del Mar de Arousa y Ulla”.

O encargado de ofrecer detalles desta nova obra, foi o presidente da Fundación, Javier Sánchez-Agostino, quen estivo acompañado na mesa presidencial do alcalde anfitrión, Isaac Maceiras, do seu homólogo de Riveira, Manuel Ruiz, do director de relacións institucionais de Congalsa, Ramón Doval, e do xerente do Xacobeo, José Paz. Tamén estaban presentes os alcaldes e outros representantes municipais do resto de concellos que integran a Fundación (un total de 21), xa que a continuación  estaba previsto celebrar o padroado ordinario da entidade.

Segundo tivo ocasión de explicar Javier Sánchez-Agostino, as localidades que forman parte da institución en terras da ría de Arousa e Ulla viron nacer e vivir a multitude de escritores e autores de gran relevancia para as letras galegas. De aí a idea de editar esta guía, na que o visitante poderá ir percorrendo cada unha destas localidades e coñecer de primeira man os lugares que inspiraron a autores como Rosalía de Castro, Castelao, Cela, Valle-Inclán, Dieste, Cabanillas, Julio Camba, Paio Gómez, o riveirense Manuel Lustres Rivas, o rianxeiro Manuel Antonio, o boirense Ramón Martínez López ou o pobrense Victoriano García Martí, entre outros.

A este respecto, Sánchez Agostino manifestou que “esta ruta xacobea tiene un patrimonio literario único en España, es una circunstancia excepcional que tantos y tan importantes autores se reunieran por distintas vicisitudes en torno a esta ruta xacobea: es un hecho sin parangón que necesariamente tenía que ser recopilado a través de una guía”.

Así mesmo, o presidente da Fundación avanzou que xunto con esta guía (que se une ao importante compendio de publicacións que cubren a promoción turística, monumental e económica da ruta e os concellos asociados, como a Guía Arousa e a Guía de Cruceiros Xacobeos), vaise realizar unha exposición sobre a mesma temática que se inaugurará o 1 de decembro no pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, e que despois terá carácter itinerante por outras localidades.

Sánchez-Agostino agradeceu a sensibilidade da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobea, que patrocina esta guía. Así mesmo, agradeceu á empresa Congalsa a súa boa disposición para poder celebrar alí este acto e máis o padroado, e lembrou en canto a idoneidade do escenario que un dos obxectivos que inspiran a Fundación é o da promoción económica.

10 de maio de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.