Unha función teatral, un contacontos e un espectáculo de baile, propostas para a fin de semana do maio cultural de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

A programación do Maio Cultural 2013 do Concello de Riveira para esta fin de semana tres novas actividades: unha función teatral, un contacontos e un espectáculo de baile.

Por unha parte, ás 21.30 horas de hoxe terá lugar no Auditorio Municipal a representación da obra “Valados”, de Agustín Fernández Paz, por parte do grupo Artestudio Teatro. O acto é libre e gratuíto. Poderanse retirar as entradas media hora antes do inicio da función.

Mañá sábado ás 12 de mediodía celebrarase unha nova actuación incardinada na sección Sábados de Libro na Biblioteca, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Nesta ocasión será o contacontos Miro Villar quen deleite co seu especáculo ao público infantil. A entrada é libre e de balde.

E por último, o Auditorio será escenario o domingo 12 de maio da VII Gala da Escola de Baile El Tomasón-Haveira. O espectáculo terá lugar a partir das 18 horas. A entrada é gratuíta ata encher aforo.

10 de maio de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.