Trinta pequenos de Riveira asistiron ao espectáculo-recital ofrecido polo contacontos Fran Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Cativos na sesión de contacontos

Cativos na sesión de contacontos

Uns trinta rapaces do municipio participaron na pasada fin de semana na primeira das accións incardinadas dentro dos Sábados na Biblioteca: programa pertencente ao Maio Cultural de Riveira coa fin de animar á lectura entre os máis pequenos.

O contacontos Fran Alonso deleitou aos pequenos cun espectáculo-recital titulado “A poesía é un globo” no que, empregando poemas propios e alleos explicará, que é a poesía; todo isto aderezado con recursos da oralidade, música ou teatro: sons, marionetas, voces, serpentinas…

Na actividade tamén estiveron presentes a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya; a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín; e o bibliotecario e arquiveiro municipal, José Antonio Otero.

6 de maio de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.