Semana Verde adicará o día 15 de xuño a Silleda, coa exaltación da súa gastronomía e folclore no stand de Depodeza
O Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), dentro do certame Semana Verde acollerá o sábado día 15 de xuño unha xornada adicada a Silleda. O municipio será protagonista un ano máis , no stand de Depodeza, coa promoción da súa gastronomía, paisaxes e música e baile tradicional.
Para preparar esta xornada, celebrouse no Concello de Silleda o pasado martes un encontro coas asociación organizadoras das festas gastronómicas silledenses, ao que asistiu o director de Planificación e Desenvolvemento de Depodeza, Ramiro Ruibal e a alcaldesa, Paula Fernández, entre outros.
O lacón de Silleda, a empanada da Bandeira, a tortilla de Laro, a paella de Cortegada, as rosquillas de abades, o chourizo ao viño de Ponte e os callos de Ansemil-Martixe serán protagonistas das dúas degustacións que se terán lugar no espazo de Depodeza no marco da feira internacional. Tamén haberá actuacións de grupos de música tradicional, outra das embaixadoras do municipio.
Durante a reunión preparatoria acordouse tamén a elaboración de material promocional por parte da entidade Depodeza, no que se recollan distintos recursos do municipio, así como a elaboración dun vídeo con imaxes e carteis antigos das distintas celebracións de Silleda, un dos municipios con máis citas gastronómicas, plenamente consolidadas, de Galicia.