O Club Baloncesto Riveira celebrou o segundo CETI do Barbanza da Federación Galega de Baloncesto

Foto de grupo con todos os participantes
O Club Baloncesto Riveira mostra a sua máxima satisfacción pola participación dos máis dos 30 nenos e nenas na xornada de baloncesto organizada este domingo no pavillón de Coroxo ao longo da tarde nun horario que comenzou ás 16:00h e finalizou ás 19:30h.
Os CETIS son xornadas de tecnificación tanto para xogadores como para os monitores participantes. Nestas xornadas, a federación galega de baloncesto aproveita para poder detectar e seguir posibles xogadores que se poidan incorporar o equipo da selección Galega de Baloncesto.
Dende o Clube, destacamos o gran interés mostrado polos nenos e nenas que participaron no CETI, os cales estiveron arroupados durante as 3 sesións de entrenamento, polos 9 monitores de baloncesto participantes na xornada de baloncesto.
Os obxetivos do CETI foron os seguintes;
– Manexo do balón, bote fora do Corpo e cambios.
– Fintas e salidas cruzadas.
– Recepcións, pase sobre bote e finalizacións.
Dende o Club, mostramos a nosa máxima ilusión en que este primeiro CETI levado a cabo en Riveira marque un antes e un despois na maneira de traballar coa FEGABA.











