publicidade hoxe

Maio, mes das Letras Galegas en Pazos de Borbén con animación e contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPazos de Borbén
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), durante o mes de maio e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2013, ten organizado diversas actividades de animación á lectura.

-Día 21 de Maio “Mira como cho conto!” con Marcos Pampín Gómez de Xanela Ocio e Animación, ás 13,00 horas na Sala de Lectura coa participación do público en xeral e ao que están especialmente invitados os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

-Día 23 de Maio: “Contacontos Animaliños” con Patricia Martínez Rodríguez de EDUVIA (Vías para a Educación), ás 11,00 horas na Sala de Lectura nunha xornada de convivencia cos usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI), que pretende a normalización das actividades de este colectivo e a participación do mesmo en todos aqueles eventos que estean a disposición da cidadanía en xeral. Durante esta xornada, ademais da actuación do contacontos, se lles fará entrega a todos os usuarios do seu carné de socios da biblioteca e dun agasallo conmemorativo da Campaña de Captación de Socios realizada pola biblioteca durante este ano 2013. A partires das 13,00 horas na Sala de Lectura coa participación do público en xeral e ao que están invitados os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

Estas actividades inclúense dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas “LER CONTA MOITO” promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este ano

15 de maio de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.