publicidade hoxe

Fallados os concursos de Microrrelatos e Microcurtas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

Os xurados do II Concurso de Microcurtas e o II Concurso de Micorrelatos, convocados pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, reuníronse en días pasados para emitir o seu fallo.

No certame de Microrrelatos, na categoría de 6 a 12 anos, o traballo gañador foi o presentado co título O Magosto, baixo o pseudónimo “Azul”, que unha aberto o sobre B, corresponde a autoría de Gala Sánchez García, veciña de Manduas. Na categoría de máis de 12 anos, o xurado elixiu o traballo presentado baixo o título O Ambicioso, da autoría de Ana Colmeiro Pérez. Nos dous casos, as premiadas recibirán un e-book.

O xurado estivo formado por unha  xornalista do Faro de Vigo, un xornalista de La Voz de Galicia e a concelleira Margarita Campos.

No caso do concurso de Microcurtas, o traballo ganador foi “Tradicionator”, presentado por Nuno Pérez Fernández. O xurado decidiu conceder ademais un accésit á microcurta titulada “Os oficios tradicionais”, de Juan Luis Fontao Gestoso. O xurado, tamén presidido pola concelleira de Cultura, estivo formado por Pilar Fernández Abades,  e Dolores Iglesias Suárez, licenciadas en comunicación audiviosual. Neste caso os premios serán unha tablet.

Os galardóns entregaranse o vindeiro venres día 31 no Concello e todos os traballos que se presentaron ao certame subiránse á web municipal, ao igual que se fixo cos traballos da primeira edición, celebrada o pasado ano.

O xurado destaca, nos dous casos,  a orixinalidade e creatividade dos mozos e mozas de Silleda que participaron nos dous certames á hora de falar da temática proposta, as tradicións galegas.

28 de maio de 2013 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.