publicidade hoxe

Dobre representación dunha obra de Roberto Vidal Bolaño en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Riveira vai ser escenario no día de mañá, mércores 16 de maio, dunha dobre representación teatral a cargo do Grupo Municipal Xuvenil de Teatro. A peza exhibida vai ser nin máis nin menos que “Bailadela da Morte Ditosa”, obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, Robero Vidal Bolaño.

A primeira das funcións terá lugar ás 10.30 horas e contará coa asistencia como espectadores de alumnos dos centros educativos do municipio. Ás 21.30 horas haberá unha segunda función aberta ao público. A entrada será libre e gratuíta e poderá ser retirada media hora antes do inicio.

A actividade forma parte da programación do Maio Cultural que promove o Concello de Riveira.

 

15 de maio de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.