Curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade no Espazo Xove de NOIA
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade no Espazo Xove de Noia, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 140
Nº de prazas: 25
Contidos:
- Análise da realidade xuvenil en distintos ámbitos.
- Aplicación de estratexias e contidos das políticas de xuventude.
- Organización de servizos de información xuvenil.
- Xestión de servizos de información xuvenil.
- Procesos de innovación informativa
- Aplicación dos fundamentos da información xuvenil.
- Análise de procedementos aplicables ao proceso de información xuvenil.
- Estruturación do proceso de información xuvenil.
- Aplicación de recursos específicos da información xuvenil.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial.
Datas de realización: do 17 de xuño ao 16 de setembro de 2013.
Xornadas presenciais: terán lugar no Espazo Xove da Casa da Xuventude de Noia. A asistencia á sesión presencial do curso é obrigatoria.
- Sesión presencial: 17 de xuño de 11.00 a 12.30 horas.
- Exame final presencial: 16 de setembro de 12.00 a 13.00 horas.
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 horas do 31 de maio de 2013.











