publicidade hoxe

Creada unha comisión municipal que analizará fórmulas para mellorar a elección dos Consellos Parroquiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

Hoxe creouse no Concello de Silleda unha comisión formada por 6 traballadores/as municipais e presidida polo  concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Cuíña, co fin de analizar o proceso de elección dos Consellos Parroquiais, que foi suspendido de xeito temporal o pasado mes de marzo.

A comisión analizou os datos das eleccións, cunha escaso porcentaxe de participación, e quedou en volver a reunirse para tratar de buscar fórmulas que axuden a mellorar a participación dos veciños e veciñas nas eleccións destas figuras, recollidas no Regulamento de Participación Cidadá.

8 de maio de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.