Alumnos de secundaria de Riveira asistirán ao auditorio a unha conferencia sobre a vida de Vidal Bolaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

Alumnos de Educación Secundaria de Riveira acudirán mañá mércores ao Auditorio Municipal para asistir ao espectáculo “Unha vida de teatro – Roberto Vidal Bolaño”, na que o polifacético artista noiés Serafín Marcos ofrece unha amena lectura teatralizada sobre a traxectoria do homenaxeado  no Día das Letras Galegas 2013.

A actividade, que terá lugar a partir das 11 horas, enmárcase na programación do Maio Cultural promovida polo Concello.

7 de maio de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.