Alumnos de Riveira encheron o auditorio para asistir ao espectáculo de Serafín Marcos sobre Vidal Bolaño

Instante da representación
Alumnos de Educación Secundaria de Riveira dos colexios A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón e do IES Número 1 encheron esta mañá o Auditorio Municipal para asistir ao espectáculo “Unha vida de teatro – Roberto Vidal Bolaño”, na que o polifacético artista noiés Serafín Marcos ofreceu unha amena lectura sobre a traxectoria do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013.
Parte dos alumnos congregados na instalación cultural subiron tamén á planta alta para contemplar a exposición “Rosalía Ilustrada” que foi inaugurada o pasado luns.
Ambas actividades forman parte do Maio Cultural, programación que proseguirá este venres ás 21.30 horas coa representación polo Grupo Artestudio Teatro da obra “Valados”, de Agustín Fernández paz.
O acto é libre e gratuíto. Poderanse retirar as entradas media hora antes do inicio da función.











