publicidade hoxe

Aínda quedan prazas para a excursión a Benidorm, aberta a todo o público en xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

A excursión programada entre o 20 e o 26 de maio próximos aínda conta con prazas vacantes. A viaxe, cun custe total (todo incluido) de 280 euros, inclúe unha parada en Aranjuez, no traxecto de ida e outra á volta na cidade de Segovia. Tamén se prevé unha excursión a Altea durante os días de estancia na cidade alicantina. As persoas interesadas en anotarse poden recibir máis información chamando ao 986 580064, ao Concello (986 580000) ou no Centro Social de Silleda (986 592037).

Esta convocatoria está aberta a todas aquelas persoas, non só maiores, que queiran acudir á viaxe. Dende o departamento de Servizos Sociais convídase á cidadanía a aproveitar esta oportunidade, cunha viaxe que inclúe unha ampla oferta de ocio e tamén visitas de carácter cultural.

6 de maio de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.