publicidade hoxe

Aberto o prazo para o campamento de verán do Espazo Lúdico e no English Surf Camp, que se celebrará en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

A Concellería de Educación abre maña xoves o prazo para anotarse tanto no campamento de verán do Espazo Lúdico Educativo do Concello, para nenos e nenas de Primaria, como no Englis Surf Camp, que terá lugar no albergue de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota.

No primeiro dos casos, as actividades desenvolveránse entre o 25 e xuño e o 11 de setembro. O horario será de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 20.00 horas. As actividades celebraranse nos CEIP de Silleda e da Bandeira con xogos, xincanas, multideporte, dramatización, e tamén visita ás piscinas. Tampouco faltarán as excursións na programación do campamento.

Os escolares recibirán unha folla de preinscrición, coas taxas correspondentes, que deberán cumplimentar e entregar no Rexistro do Concello en caso de querer participar. Nos meses de xuño e setembro aboarase a metade da taxa.

Xiro no plantexamento, becas e actividades específicas por franxa de idade

No caso do CEIP da Bandeira, este ano non se estabrecerá un límite de prazas para a celebración do campamento, como viña acontecendo en anos anteriores. Así mesmo, dende a Concellería de Educación, que dirixe Paula Fernández, tamén se está a estudar a posibilidade de que os usuarios se apunten só por media xornada (mañá ou tarde) e que as cuotas se abonen en función da elección, pagando só polo servizo de media xornada e non a completa. “Unha vez que teñamos os datos logo desta etapa de preinscripción veremos como artellamos esta posibilidade”, sinala Paula Fernández. Do mesmo xeito, tamén para o campamento se mantén o sistema de becas estabrecido o mes pasado, para aqueles nenos e nenas con algún membro da unidade familiar en situación de desemprego.

As admisións para o campamento serán tamén por orde de entrega da documentación no rexistro municipal.

En canto as actividades, tamén destaca a programación específica para os nenos e nenas de maior idade (entre 9 e 12 anos), xa que as actividades se estabrecerán en función das franxas de idade. “Estas cuestións enmárcanse no xiro que queremos dar ao plantexamento deste campamento de verán dende o Servizo Lúdico Educativo”, engade Paula Fernández.

Campamento náutico, do 28 de xullo ao 4 de agosto

En canto ao English Surf Camp, a cita para nenos e neneas de 12 a 16 anos será do 28 de xullo ao 4 de agosto en Caldebarcos, Carnota. Este campamento de actividade náutica está baseado no deporte náutico e na fala do inglés dende unha visión lúdica e educativa. O prezo é de 250 euros, incluindo actividades, clases e pensión completa. Ademas de sesións de inglés, os participantes poderán disfrutar de actividades coma o bodyboard, bautizo de surf, esnorquel, paddelboard ou surf, así como outras relacionadas co sendeirismo, deporte alternativo, ou bioespazo.

Neste caso tamén se poñerá a disposición do alumnado follas de preinscripción. As reservas admitiranse por orde de entrada no rexistro, xa que as prazas son limitadas.

2 de maio de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.