Aberto o prazo para anotarse nos cursos de informática
O Concello de Riveira informa de que nos días de hoxe e mañá está aberto o prazo para anotarse nos novos cursos de informática que se van desenvolver dende o 6 de maio ata o 27 de xuño en cinco parroquias do municipio: Artes, Castiñeiras, Corrubedo, Palmeira e Santa Uxía de Riveira.
Os interesados poden inscribirse, en horario de 10 a 14 horas, na Aula Cemit de Informática de Riveira (rúa Cubeliños s/n) ou tamén no enderezo http://aulascemit.xunta.es/inscripcion dende hoxe ás 8 horas.
Os cursos son gratuítos e terán unha duración de 30 horas: 24 dedicadas a alfabetización dixital e 6 a DNI electrónico e certificados dixitais.











