Aberto o prazo de matriculación para as pobras de acceso ao conservatorio profesional de música de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que dende onte luns 13 de maio ata o 7 de xuño está aberto o prazo de matriculación para a probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e para o 1º curso do grao profesional no Conservatorio Profesional de Música de Riveira.

Estas proba teñen carácter obrigatorio en todos os conservatorios, tanto para empezar estudos oficiais de elemental, como para continuar no grao profesional.

As probas terán lugar no conservatorio o 24 de xuño para o exame de acceso a grao elemental e o 25 de xuño para o exame de ingreso no grao profesional, os dous días pola mañá.

A proba de acceso ao 1º curso do grao elemental está orientada para rapaces de entre 8 a 14 anos (cumpridos neste 2013). Trátase dunha proba moi sinxela, para a que non é preciso ter ningún tipo de coñecemento musical.  Valoraranse aspectos como as aptitudes rítmicas, auditivas, vocais e de psicomotricidade. Estes aspectos estanse a traballar no obradoiro gratuíto que ten lugar no conservatorio os luns, mércores e xoves e que reúne a máis de 40 rapaces.

A proba de acceso ao 1º curso do grao profesional ten lugar ao rematar os catro anos do grao elemental e aquí os alumnos teñen unha proba instrumental e outra teórico práctica. 

O impreso de matriculación está a disposición de todos os interesados nas oficinas do Conservatorio.

14 de maio de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.