publicidade hoxe

A Concellería de Participación Cidadá convoca o Consello Municipal de Educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

A Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Manuel Cuíña convocou para pasado mañá mércores unha reunión ordinaria do Consello Municipal de Educación, un dos órganos creados o pasado ano ao amparo do Regulamento de Participación Cidadá. A reunión, á que están convocados os membros da entidade (representantes dos centros educativos e das Anpas), terá lugar na Casa do Concello ás 18.00 horas.

Na orde do día figura a lectura e aprobación da acta anterior e a modificación da presidencia e vogais do Consello, ao cambiar a titularidade da concellería de Educación, agora asumida por Paula Fernández Pena. Tamén se falará das demandas e necesidades dos centros e as perspectivas para o vindeiro curso 2013-2014.

21 de maio de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.