300 traballos presentados no XXI Certame Literario Escolar co que Riveira conmemora as Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Foto de grupo cos premiados

Foto de grupo cos premiados

O Auditorio Municipal de Riveira foi escenario da tradicional entrega de premios do Certame Literario que, con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas e dentro do Maio Cultural, organizou o Concello, despois de que case 300 rapaces disfrutaran dun divertido espectáculo ofrecido polo grupo “Bandullo Azul”. O título da obra, “A verdadeira historia de Robinson Crusoe”.

Nesta 21ª edición presentáronse uns 300 traballos entre as tres categorías: prosa (150 traballos), verso (120 traballos) e banda deseñada (30 traballos).

Ademais, o xurado considerou oportuno por unanimidade outorgar un premio especial ao Colexio Galaxia pola grande participación e a implicación da súa comunidade educativa no certame literario.

As concelleiras de Cultura e de Educación –Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya- dirixíronse ao público asistente para felicitalos pola súa participación no certame e tamén foron as encargadas de entregar os premios aos 18 galardoados, que se levaron sendos lotes de libros, ao igual que os colexios participantes.

Concurso de Pintura Gotagotham

Ademais, o acontecemento tamén serviu de escenario para a entrega de premios do Primeiro Concurso de Pintura Gotagotham, iniciativa de educación ambiental promovida pola empresa Aquagest coa finalidade de aprenderlle aos rapaces un uso racional da auga e do medio. Resultaron vencedores os traballos presentados polos alumnos de 5º de Primaria dos centros CEIP de Aguiño e CEIP de Frións.

Os centros recibiron cadanseus lotes de libros e unha excursión para visitar a Estación de Tratamento de Auga Potable de Santiago e a exposición Orinoco que se desenvolve na Cidade da Cultura.

22 de maio de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.