Unha reordenación viaria en Catro Rúas faculta a creación de 120 prazas de aparcamento

Novas prazas de aparcamento
O Concello de Riveira vén de habilitar a creación de máis de 120 novas prazas de aparcamento en Aguiño como consecuencia dunha reordenación viaria que afectou a catro rúas da parroquia.
A tal efecto, operarios procederon nos días pasados ao pintado das correspondentes marcas horizontais para delimitar as novas zonas de estacionamento, que serán de suma utilidade para veciños e visitantes da localidade, moi particularmente daqueles que se queren achegar aos seus areais.
A este respecto, cómpre explicar que a decisión de habilitar estas novas prazas derivou da actuación ambiental emprendida polo Executivo para preservar e rexenerar o sistema dunar da praia de A Catía: un proxecto que, ademais da posta en marcha de máis de 600 metros de pasarelas e outras accións, impedía o estacionamento de vehículos nesa zona a fin de protexer a súa rica vexetación.
As máis de 120 prazas creadas derivan da conversión en vías de sentido único das rúas da Rabuda, Praia da Riveira, Luis Seoane e Andrés Torres Queiruga (neste último caso, a excepción dun tramo en que se mantén o dobre carril). Na primeira vía citada os aparcamentos están dispostos en batería, mentres que nas outras tres van en liña.
Rúa Vionta
Cómpre recordar que as obras de mellora da rúa Vionta que están actualmente en execución tamén implicarán a creación de novas prazas de aparcamento para disfrute dos habitantes de Aguiño.
Por outra parte, hai que informar tamén de que na rúa Torres Queiruga creouse un carril bici (o segundo que ten o concello tras o de Coroso), e que a fin de diminuír se contedores do entorno cunha estrutura en madeira a fin de diminuír o seu impacto visual.











