Unha quincena de actividades de todo tipo conmemorarán as Letras Galegas en Riveira
O municipio Riveira vai dar cabida a partir do vindeiro mes a un extenso programa no Maio Cultural 2013 no que, a través da organización dende as Áreas de Cultura e de Educación, vanse desenvolver ata unha quincena de actividades de todo tipo, dende presentacións de libros ata representacións teatrais, exposicións, concertos, contacontos ou exhibicións de baile.
Para falar do calendario de actividades do Maio Cultural compareceron no Auditorio as concelleiras Elvira Pisos e Mª Carmen Vizcaya, así como os técnicos municipais Unai González e Segundo Chiki Durán.
Elvira Pisos fixo fincapé en que á hora de deseñar a programación pretendeuse que persoas de todas as idades puidesen atopar algunha actividade á súa medida. Pola súa parte, Maricarmen Vizcaya destacou en que unha vez máis todos o sábados pola mañá do mes de maio estarán abertas as portas da biblioteca municipal co gallo das accións que se celebrarán nela para promover o uso desta instalación municipal entre os máis pequenos.
PROGRAMACIÓN 2013:
ACTOS DAS LETRAS GALEGAS
Venres 3 de MAIO
PRESENTACIÓN DO LIBRO “MATRIARCAS”, de Montse Fajardo. Colabora o Grupo Municipal de Teatro de Riveira, dirixido por Segundo Durán “Chiki”. Entrada libre e de balde ata encher aforo. Auditorio Municipal, ás 20.30 horas.
Mércores 8 de MAIO
SERAFÍN MARCOS
“Unha vida de teatro-Roberto Vidal Bolaño”. Para alumnado de Educación Secundaria. Auditorio Municipal, ás 11.00 horas.
Venres 10 de MAIO
REPRESENTACIÓN TEATRAL ARTEESTUDIO TEATRO. “VALADOS” de Agustín Fernández Paz. Auditorio Municipal, ás 21.30 H. Entrada libre e de balde ata encher aforo.
Xoves 16 de MAIO
REPRESENTACIÓN TEATRAL. GRUPO MUNICIPAL XUVENIL DE TEATRO DE RIVEIRA. Dirixido por Segundo Durán, “Chiki”. “BAILADELA DA MORTE DITOSA” de Roberto Vidal Bolaño. Auditorio Municipal, ás 10:30 h para centros educativos do municipio. Ás 21:30 h aberto ao público, entrada libre e de balde ata encher aforo.
Mércores 22 de MAIO
ESPECTÁCULO TEATRAL INFANTIL BANDULLO AZUL “A verdadeira historia de Robinson Crusoe”. ENTREGA DE PREMIOS DO XXI CERTAME LITERARIO. Para os participantes no Certame e alumnado de Primaria. Auditorio Municipal, ás 11 horas
Venres 17 de MAIO
Programación organizada pola ASOCIACIÓN FRANCISCO LORENZO MARIÑO coa colaboración do CONCELLO DE RIVEIRA
SÁBADOS DE LIBRO NA BIBLIOTECA
Colabora: Programa Letras Vivas da Xunta de Galicia e Rede de Dinamización Lingüística
Sábado 4 de MAIO
FRAN ALONSO. “A poesía é un globo”. Nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Biblioteca Municipal, ás 12:00 h. Entrada libre e de balde.
Sábado 11 de MAIO
MIRO VILLAR. “Contacontos”. Nenos e nenas de 3 a 12 anos. Biblioteca Municipal, ás 12:00 h. Entrada libre e de balde.
Sábado 25 de MAIO
CHUS OTERO. “A cara dos contos”. Nenos e nenas de 3 a 12 anos. Biblioteca Municipal, ás 12:00 h. Entrada libre e de balde.
ACTOS CO TECIDO ASOCIATIVO
Domingo 12 de MAIO
VII GALA DA ESCOLA DE BAILE “EL TOMASÓN-HAVEIRA”. Auditorio Municipal, ás 18:00 h. Entrada de balde ata encher aforo.
EXPOSICIÓNS
ROSALÍA ILUSTRADA. Fundación Rosalía de Castro. 25 ilustrador@s poñendo imaxe aos poemas da autora. Inauguración o 6 de maio, ás 20:30 h. Auditorio Municipal. Sala Alta – Ata o 23 de maio. Luns a venres de 10 a 14 h. Martes e mércores de 18 a 20:30 h
EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS. Libros e carteis sobre as Letras Galegas.
Do 18 ao 31 de maio. Biblioteca Municipal. Luns a venres de 10 a 14 h e de 17 a 21 h. Sábados de 11 a 14 h.
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS
Sábado 25 de MAIO
CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL DE RIVEIRA. Dirixida por Enrique Paisal Rego. CORAL POLIFÓNICA EUMESA DE PONTEDEUME. Dirixida por Xosé Paz Fernández. Auditorio Municipal ás 20 h. Entrada de balde ata encher aforo.
XVI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA
27, 28, 29, 30 e 31 de maio. Auditorio Municipal, ás 20:00 H. Entrada libre e de balde ata encher aforo. De próxima presentación.











