Unha ducia de membros da orde pública de Riveira participan nun curso de resolución de conflitos con enfermos mentais

Instante da clase de resolución de conflictos
Unha decena de representantes das forzas de orde pública de Riveira están a participar no curso sobre resolución de conflitos con persoas con enfermidades mentais que se está a celebrar nas dependencias que a Asociación A Creba ten en Santa Uxía.
Esta acción, que está sendo impartida por unha psicóloga da entidade, continuará cunha segunda sesión que se celebrará o vindeiro mércores 24 de abril, de 9 a 14 horas.
Membros da Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil de Riveira están a participar na acción formativa. Entre eles, o concelleiro delegado de Seguridade Cidadá, Víctor Reiriz Lampón.











