Un auditorio repleto acolleu unha función teatral do Día Internacional do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Público infantil asistente á representación

Público infantil asistente á representación

O Auditorio de Riveira encheuse por completo de rapaces con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro. Foron un total de 279 os alumnos de Primaria (e algún profesor) que, pertencentes a cinco centros educativos (A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras, CEIP de Palmeira, CEIP O Grupo e CEIP Frións) asistiron na instalación municipal á representación de “A historia de Brancaflor” por parte da compañía Os 7 Magníficos + 1.

Foi este un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos na que se relatou a lenda de Brancaflor, na que esta dama ten que escoller o seu namorado entre once pretendentes que tentarán cautivala cos seus xogos de maxia.

A actividade está enmarcada na programación Abril Mes dos Libros organizada polo Concello de Riveira.

23 de abril de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.