Sorteo de vales de compra nos mercados de Riveira e Palmeira
O Concello informa de que mañá venres ás 10.00 horas no mercado municipal de Riveira e ás 11.00 horas no de Palmeira terá lugar o primeiro sorteo de vales de compra impulsado pola Xunta dentro da súa campaña “Vota ao Mellor Praceiro”.
Cabe lembrar a este respecto que os veciños e usuarios en xeral dos mercados municipais de Riveira e Palmeira optan a recibir estes premios como consecuencia dos votos depositados nas urnas habilitadas ao efecto en cada mercado municipal para seleccionar os mellores praceiros de cada praza de abastos de Galicia.
O concelleiro de Consumo do Concello de Riveira, Vicente Mariño de Bricio, acompañará a praceiros e clientes nos sorteos de mañá, que serán de carácter público.











