Silleda acolle o campionato de traballo de Rottweiler, antesala do torneo mundial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSilleda
A-
A+

10042013-17Silleda acolle esta fin de semana o XVII Campionato de Traballo do Club Rottweiler de España (C.R.E.), que se desenvolverá o sábado 13 e o domingo 14 na Feira Internacional de Galicia. Participarán cans procedentes das comunidades de Galicia, Asturias, País Vasco, Madrid e Cataluña. Con esta proba o torneo volta a Galicia, logo da última competición celebrada na Comunidade en Lugo, no ano 2008.

A proba acollerá tres discicplinas: Obediencia, Defensa e Rastro, e dela sairán os exemplares que participarán no Campionato Mundial (do 18 ao 20 de outubro) que terá lugar tamén no recinto Feira Internacional de Galicia.

Dende o Concello de Silleda apóiase este torneo que atraerá a numerosas persoas ao municipio durante estes días e que culminará co torneo mundial en outubro.

10 de abril de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.