Riveira celebrará o Día Mundial do Libro coa representación teatral dos 7 magníficos + 1
Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, o Auditorio Minicipal de Riveira vai ser escenario mañá ás 11 horas dunha función teatral dirixida ao alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria de centros educativos do concello.
A representación correrá a cargo da compañía Os 7 Magníficos + 1, que porá en escea “A historia de Brancaflor”. Trátase dun espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos na que se relatará a lenda de Brancaflor, na que ten que escoller o seu namorado entre once pretendentes que tentarán cautivala cos seus respectivos xogos de maxia.
Esta actividade forma parte do Abril Mes dos Libros organizada polo Concello de Riveira.











