Riveira ampliará a regulación por semáforos da avenida Rodríguez Bautista

Retirada dos semáforos
O Concello de Riveira informa de que tras avaliar a utilidade dos semáforos que, con carácter provisional, instaláranse en xuño pasado na intersección da avenida Miguel Rodríguez Bautista coa rúa Canarias, constatouse a eficacia desta medida para conceder fluidez á circulación nun punto que solía rexistrar frecuentes retencións.
Sen embargo, tamén se demostrou que a confluencia coa rúa Mariño de Riveira, que carece de ditos elementos de regulación do tráfico, segue a ser obxecto de atascos, especialmente nas horas punta en que abundantes vehículos proveñen dende a zona de xulgados.
Por estes motivos, o equipo de goberno que encabeza Manuel Ruiz Rivas acordou, coa anuencia da Policía Local, que a regulación por semáforo de Rodríguez Bautista teña carácter definitivo, ampliando esta medida á intersección con Mariño de Rivera.
Dispositivos para invidentes e tecnoloxía led
Ao igual que xa acontecera na avenida do Malecón, as novas sinais funcionarán con tecnoloxía led de baixo consumo e levarán incorporados dispositivos de sinalización acústica para invidentes.
Operarios procederon no día de hoxe á retirada dos semáforos provisionais. A colocación dos definitivos terá lugar unha vez a evolución das obras do novo Mercado Municipal –unha construcción actualmente en curso- permitan a utilización da rúa Canarias en todo o seu traxecto.
A este respecto, hai que recordar que nestes momentos está cortado á circulación o tramo da rúa Canarias máis próximo á avenida do Malecón e que, a pesares de que se dispuxo unha alternativa de subida pola rúa Alexandre Bóveda dende o Malecón, a afluencia de vehículos está sendo substancialmente inferior, razón pola cal non se están a producir retencións reseñables na intersección de Canarias con Miguel Rodríguez Bautista. De feito, as luces dos semáforos provisionais levaban un tempo funcionando únicamente en ámbar.











