Riveira acollerá unha dobre proxección da película “pollock” como complemento da exposición “3236 días”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

O programa Abril de Cinema que organiza o Concello de Riveira vai dar cabida mañá a unha dobre proxección no salón de actos do Auditorio Municipal da película “Pollock”, dirixida por Ed Harris, que recrea a vida do coñecido mestre do expresionismo abstracto norteamericano. A visualización deste filme sirve como complemento ideal da exposición de pintura e escultura “3236 días”, do artista Fernando Yáñez, que se pode ver na sala alta do Auditorio ata o día 25 de abril.

A primeira das funcións terá carácter matinal (desenvolverase a partir das 10.30 horas) e estará dirixida a alumnos de Secundaria de distintos centros, mentres que a outra será nocturna (21.00 horas) e estará aberta a todos os públicos.

Película estadounidense de 122 minutos de duración, “Pollock” está protagonizada por Ed Harris, Marcia Gay Harden, Tom Bower e Jennifer Connelly.

Sinopse: Nova York, anos 40, Jackson Pollock e Le Krasner, pintores e amantes, atópanse no centro do mundo artístico desta cidade. Cando contraen matrimonio trasládanse ao campo; ela abandona o seu traballo para entregarse en corpo e alma ao arte de Pollock, que empeza a crear unha obra extraordinariamente orixinal que o converte nun pintor de referencia na arte do século XX. Pero a fama e a fortuna chegan acompañadas de dúbidas existencias e episodios violentos.

16 de abril de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.