O pianista Javier García Grela ofrecerá un recital no Conservatorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

Este venres día 12 de abril, ás 19 horas, terá lugar no Conservartorio Profesional de Riveira un recital a cargo do prestixioso pianista Javier Vazquez Grela.

Durante o concerto, que é gratuíto e de acceso libre, o músico incluirá no seu repertorio obras de Haydn e Beethoven, entre outros célebres compositores.

Currículo
Pianista  nado en A Coruña –cidade onde inicia os seus estudos musicais no seu conservatorio profesional- García Grela terminou a carreira en 1995 coas máximas cualificacións e a partir dentón desenvolve unha ampla actividade como solista, acompañante e en formacións de cámara.

Trasládase posteriormente a Barcelona para estudar na Academia Luthier co pianista Antonio Ruiz Mellado, obtendo ao final dos seus estudos e por unanimidade do xurado o diploma de Concertista Cum Laude.

Desde 1998 é pianista acompañante por oposición do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña.

Ten actuado en salas de concertos e auditorios de Galicia, Aranjuez (Auditorio Isabel de Farnesio), Boadilla del Monte (Madrid), Barcelona (Casa Elizalde, Centro de Música Contemporánea), León (Fundación Eutherpe), Zaragoza (Sala Luís Galve) Valladolid, Lisboa  Ámsterdam, Utrecht, en varias cidades de México (a destacar o concerto no Museo Nacional de Historia en México DF), Londres (St Dunstan in the west), París (Notre Dame de Compassion), Museo Franz Liszt de Budapest e Museo Rimsky-Korsakov de San Petersburgo, e na cidade de Tokio.

10 de abril de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.