O pianista Javier García Grela deleitou ao público do conservatorio de Riveira

Recital de Javier Vázquez
O pasado venres día 12 de abril, ás 19 horas, tivo lugar no Conservartorio Profesional de Riveira un recital a cargo do prestixioso pianista Javier Vazquez Grela.
Durante o concerto, que foi gratuíto e de acceso libre, o músico incluíu no seu repertorio obras de Haydn, Beethoven e Ponce. En primeiro lugar interpretou “Variacións en Fa m de Joseph Haydn, seguido de “Preludio e fuga sobre un tema de Haendel” de M. Ponce e finalmente “Sonata nº29 en Sib Op 106 Hammerklavier” de L.V. Beethoven.
Currículo
Pianista nado en A Coruña –cidade onde inicia os seus estudos musicais no seu conservatorio profesional- García Grela terminou a carreira en 1995 coas máximas cualificacións e a partir dentón desenvolve unha ampla actividade como solista, acompañante e en formacións de cámara.
Trasládase posteriormente a Barcelona para estudar na Academia Luthier co pianista Antonio Ruiz Mellado, obtendo ao final dos seus estudos e por unanimidade do xurado o diploma de Concertista Cum Laude. Desde 1998 é pianista acompañante por oposición do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña.
Ten actuado en salas de concertos e auditorios de Galicia, Aranjuez (Auditorio Isabel de Farnesio), Boadilla del Monte (Madrid), Barcelona (Casa Elizalde, Centro de Música Contemporánea), León (Fundación Eutherpe), Zaragoza (Sala Luís Galve) Valladolid, Lisboa Ámsterdam, Utrecht, en varias cidades de México (a destacar o concerto no Museo Nacional de Historia en México DF), Londres (St Dunstan in the west), París (Notre Dame de Compassion), Museo Franz Liszt de Budapest e Museo Rimsky-Korsakov de San Petersburgo, e na cidade de Tokio.











