O novo alumnado poderá inscribirse na Escola Infantil Municipal dende o 16 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que xa está aberto dende o pasado 1 de abril o prazo de renovación da praza cara o curso 2013/2014 para alumnos e alumnas que xa están matriculados na Escola Infantil Municipal, prazo que finalizará o vindeiro 15 de abril.

Por outra parte, o período de inscrición de novo alumnado terá lugar dende o 16 de abril ata o 11 de maio.

A publicación das listas provisionais de alumnos admitidos terá lugar o día 24 de maio, abríndose un prazo para reclamacións de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación. As listas definitivas publicaranse o 7 de xuño.

O prazo para a confirmación da matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación como para os que fixeron preinscripción, será do 7 ao 25 de xuño e realizarase no Departamento de Servizos Sociais.

Para recibir información, previa, recoller impresos de solicitude e confirmar matrícula, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais, situado na praza 8 de marzo (teléfonos: 981 874 131 / 981 873 409), de luns a venres, en horario de 9 a 13.30 horas.

A entrega de documentación para a inscrición do alumnado terá lugar no rexistro da Casa do Concello.

2 de abril de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.