“O achado do Castro” conmemorá o Día Internacional do Teatro en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira quere conmemorar mañá o Día Internacional do Teatro: unha xornada que se ben celébrase en propiedade cada 27 de marzo, decidiuse postergar ata este venres dado que ao coincidir coas vacacións de Semana Santa non era posible organizar unha acción dirixida aos alumnos do municipio, como era intención.

Así, mañá, o Auditorio Municipal vai dar cabida a dúas representacións da obra “O Achado do castro” por parte do Grupo Xuvenil de Teatro de Riveira, baixo a dirección de Segundo Chiki Durán: a primeira das funcións terá carácter matinal (desenvolverase a partir das 10.30 horas) e estará dirixida a alumnos de Secundaria de distintos centros, mentres que a outra será nocturna (21.30 horas) e estará aberta a todos os públicos.

Cabe avanzar que para a sesión matinal espérase encher totalmente as 270 prazas do patio de butacas do Auditorio. En canto á segunda función, os interesados poden retirar a entrada media hora antes do comezo da mesma, ata encher o aforo.

Con texto de Manuel Núñez Singala, esta comedia foi estreada na primavera do ano 1983 formando parte do elenco o propio autor da obra. Narra as aventuras de dúas ladroas que fan o imposible por acadar o medallón do César para facerse co poder do Imperio.

É unha comedia de enredo no que as aventuras das distintas personaxes farán que o respectable pase, sen dúbida,  unha divertida xornada de teatro na nosa compaña.

A actividade forma parte da programación do “Abril, mes dos libros”.

4 de abril de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.