Mañá abre o prazo para a inscrición do novo alumnado da Escola Infantil de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que a partir de maña abre o prazo de inscrición de novos alumnos para o curso 2013/2014 da Escola Infantil Municipal. O período de inscrición terá lugar ata o 11 de maio.

Os impresos están dispoñibles para a súa descarga na páxina web do Concello de Riveira, ou ben poden recollerse -ademais de facer consultas e recibir información- no Departamento de Servizos Sociais, situado na praza 8 de marzo (teléfonos: 981 874 131 / 981 873 409), de luns a venres, en horario de 9 a 13.30 horas.

A entrega de documentación para a inscrición do alumnado terá lugar no rexistro da Casa do Concello.

15 de abril de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.