Máis de 500 rapaces disputarán na Fieiteira unha xornada de atletismo en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRiveira
A-
A+

Máis de 500 deportistas en idade escolar recalarán este sábado no Complexo de A Fieiteira para participar nunha xornada de atletismo clasificatoria para o Campionato Provincial Escolar en Pista.

A cita está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, co control técnico do comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo e a colaboración do Concello de Riveira.

A proba prolongarase dende as 10 ata as 20 horas e contará coa participación de rapaces e rapazas nados entre 2005 e 1998, tanto de clubs federados como de centros escolares pertencentes a Barbanza, Muros-Noia, Santiago de Compostela e a súa área de influencia.

Clasificaranse para disputar o certame provincial as 16 mellores marcas de cada categoría (benxamín, alevín, infantil e cadete) e especialidade (haberá probas de velocidade, lanzamento, saltos, etc…).

4 de abril de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.