Dous bolardos automáticos regularán o acceso de vehículos ás rúas peonís de Riveira
O Concello de Riveira informa de que este luns día 22 de abril poranse en funcionamento unha vez máis dous bolardos automáticos reguladores do acceso de vehículos a rúas peonís.
En concreto, os bolardos que se van activar están situados no acceso á rúa Santa Uxía dende a praza do Concello e no acceso á rúa de Galicia dende Rosalía de Castro.
Cabe recordar que o Concello procedeu en datas pasadas á reparación destes elementos.











