Curso básico de protección civil na Casa da Xuventude de Riveira
Mañá xoves día 11 de abril dará comezo un curso básico de Protección Civil que se prolongará ata o sábado día 13 e no que se impartirán diversos módulos formativos sobre primeiros auxilios, autoprotección e incendios, entre outras materias.
O curso desenvolverase na Casa da Xuventude, salvo unha parte práctica o último día que terá lugar no complexo de A Fieiteira. O horario é o seguinte: xoves, de 12 a 14 e de 16 a 22 horas; venres, de 16 a 22 horas; e sábado, de 16 a 22 horas.
Se alguén estivese interesado en apuntarse pode facelo ata mañá ao mediodía chamando ao número de Protección Civil 981 876 029. Hai prazas limitadas.











