“Abril de Cinema” de Riveira leva ao Auditorio Municipal a película “La chispa de la vida”
O programa Abril de Cinema que organiza o Concello de Riveira arranca no día de mañá cunha dobre proxección no Auditorio Municipal da coñecida película Concello de Riveira proxectará mañá venres “ La chispa de la vida”, de Alex de la Iglesia.
A primeira das funcións terá carácter matinal (desenvolverase a partir das 10.30 horas) e estará dirixida a alumnos de Secundaria de distintos centros, mentres que a outra será nocturna (21.30 horas) e estará aberta a todos os públicos.
Cabe avanzar que para a sesión matinal espérase encher totalmente as 270 prazas do patio de butacas do Auditorio. En canto á segunda función, os interesados poden retirar a entrada media hora antes do comezo da mesma, ata encher o aforo.
O filme narra a historia de Roberto, un publicista en paro que sofre un accidente e queda atrapado e os medios de rescate non se poñen de acordo como auxilialo. Despois de que o seu caso chame a atención dos medios de comunicación, Roberto aproveita a situación para facerse publicidade a si mesmo.
Entre os actores que participan nesta obra cinematográfica destacan José Mota, Salma Hayek, Juan Luis Galiardo e Blanca Portillo.











