A veciña de Frións, María Saíñas García cumpre 108 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRiveira
A-
A+

Hoxe 29 de abril, a veciña María Saíñas García cumpriu 108 anos e con tal motivo o alcalde de Riveira Manuel Ruiz Rivas acudiu á súa casa, en Frións, para felicitala e entregarlle dous obsequios no nome do Concello: un centro floral e unha réplica en cerámica do faro de Corrubedo, agasallo institucional que xa recibiron outras persoas destacadas como foi o recente caso de Vicente del Bosque.

O rexedor riveirense tivo a oportunidade de charlas uns minutos coa homenaxeada, asistido pola Tina Ayaso, neta da centenaria, quen lle deu conta do sorprendente bo estado de saúde que ten María Saíñas tendo en conta a súa idade. Tamén estivo no encontro o concelleiro de Carreira Víctor Reiriz Lampón.

29 de abril de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.