A Séptima Carreira de Campo a Través do Corgo pisara as praias de Espiñeirido e Balieiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRiveira
A-
A+
Presentación da carreira

Presentación da carreira

A Sétima Carreira Campo a Través de O Corgo dará este sábado o pistoletazo de daída ao Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira, que nesta sexta edición incorpora unha nova proba que se celebrará en xuño na parroquia de Castiñeiras, coa particularidade de ser nocturna.

Para ofrecer información tanto do Circuíto como da carreira inaugural,compareceron no Consistorio de Riveira o concelleiro municipal de Deportes, Juan Luis Martínez, e Eduardo Iglesias en representación da Asociación Arousa Natureza e Ocio, a entidade encargada da organización da cita de O Corgo.

Esta dará comezo o sábado 27 de abril ás 17.30 horas no lugar de Teira (Corrubedo) e terá 9.700 metros de percorrido. A día de hoxe están rexistrados máis de 100 participantes, se ben o período de anotacións está aberto ata mañá e son frecuentes as anotacións de ultima hora (os interesados poden facelo na páxina www.championchipnorte.com, sección calendario de eventos).

Os case 10 km. descorrerán integramente por terra, e algún por area, xa que é novidade da presente edición que os corredores pisen as areas das praia de Espiñeirido e Baleiros, logo de percorrer os primeiros 3 km. polos campos de Teira, que tras as choivas dos meses pasados garántese unha dificultade engadida ao ter que facer fronte ás incontables pozas de barro que se van sucedendo.

Non se deixa de lado a subida a Monte Facho que se realizará pola cara norte –máis livián- para baixar despois cara á aldea de Espiñeirido pola cara sur.  Como particularidade hai que destacar que este ano o avituallamento intermedio no km. 4,5, coincide co paso de novo pola aldea de Teira, o que permitirá ó público presente disfrutar da proba non so da saída e da chegada.

Ao igual que outros anos cóntase ca modalidade de carreira por parellas na que dous corredores de distinto sexo poden facer a proba xuntos para acceder ós trofeos da devandita categoría.

Premiaranse ós 20 primeiros homes, ás cinco primeiras mulleres, e ás cinco primeiras parellas.

Toda a información e un vídeo da edición do ano anterior filmado por Lesmes Fotógrafos están na web www.arousa.com

Cinco carreiras

En canto ao Sexto Circuíto de Carreiras Populares, estará conformado polas seguintes probas:

– VII CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO (Lugar de Teira – Corrubedo). Sábado 27 de abril (9.700 metros – monte a través)

– X CARREIRA POPULAR VIRXE DA GUÍA (San Paio de Carreira). Venres 17 de maio (nova distancia 10.000 metros – asfalto)

– I CARREIRA NOCTURNA CASTIÑEIRAS. Sábado 29 de xuño (8.000 metros, mixta: asfalto – monte)

– VI CARREIRA DO DEMO (Artes). Domingo 8 de setembro (6.666 metros – asfalto).

– XVI CARREIRA POPULAR STA UXÍA (RIVEIRA). Domingo 29 de setembro (10.000 metros – asfalto) circuíto homologado

23 de abril de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.