A medallista olímpica Sofía Toro visitará Riveira para promover o deporte galego
Este venres 12 de abril, a partir das 18 horas, a medallista olímpica de vela Sofía Toro (ouro nos Xogos de Londres 2012), visitará o municipio de Riveira dentro da actividade “Espello Deportivo”: un programa promovido pola Deputación de A Coruña coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística -da que o Concello de Riveira forma parte-, que busca divulgar o deporte galego e favorecer ademais o uso da nosa lingua.
A campioa olímpica estará acompañada do actor e director Ruben Riós, quen fora pregoeiro nas últimas festas de agosto de Riveira. Rubén Riós exercerá de presentador e condutor dun evento que vai percorrer distintas entidades, como asociacións, universidades e centros de alto rendemento e no que terán cabida unha serie de coloquios destinados a todos os públicos.
A celebración da actividade terá lugar no Club Náutivo Deportivo. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
As actividades previstas para a xornada serán as seguintes:
1.- Vídeo presentación da traxectoria de Rubén Riós.
2- Intervención de Rubén Riós: “A cultura e o deporte galego: ingredientes básicos para a comunicación”.
3- Presentación da olímpica Sofía Toro.
4- Proxección dun vídeo presentación da deportista.
5- Imaxes dos esforzos e dificultades.
6- Vídeo dos éxitos acadados pola deportista.
7- Quenda de preguntas e coloquio entre o deportista, o actor e os asistentes.
8- Fotos dos asistentes co deportista.











