A Creba dará un curso ás forzas de orde pública para resolver conflitos con persoas con enfermidades mentais
A asociación A Creba vai impartir a semana próxima un curso dirixido ás forzas de orde pública que operan no municipio de Riveira que ten como temática a resolución de conflitos con persoas con enfermidades mentais.
Esta acción, que será impartida por unha psicóloga da entidade, terá lugar o luns 22 e o mércores 24 de abril, de 9 a 14 horas, no local que A Creba ten na rúa Abesadas de Santa Uxía.
Asistirán membros da Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil de Riveira.











