6 veciños do municipio foron agraciados con cheques nos mercados de Riveira e Palmeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Entrega do cheque a un dos premiados

O premiado recollendo o cheque

Hoxe ás 10.00 horas no mercado municipal de Riveira e ás 11.00 horas no de Palmeira tiveron lugar os sorteos dos vales de compra da campaña “Vota ó mellor praceiro”: unha iniciativa da Xunta de Galicia que, co gallo de escoller o mellor comerciante de cada praza de abastos da Comunidade, obsequia aos votantes agraciados con vales de compra por valor de 75€,  50€ e 25€.

En Riveira, o primeiro premio foi para Isolina Rodeiro, o segundo recibiuno Digna Cedeiro e o terceiro José Manuel Deán Cánive (no momento da votación só estaba presente a agraciada co segundo premio, pois non era obrigatoria a presenza física dos votantes para optar a recompensa). Os agraciados na praza de Palmeira foron José Manuel Sande Vázquez co primeiro premio, Maruja Gago co segundo e Mª Teresa Olveira co terceiro premio (os tres atopábanse nas instalacións no momento do sorteo).

Os gañadores recibiron da man dun responsable da Xunta e do concelleiro municipal de Servizos Sociais, Vicente Mariño, vales de 5€ ata completar a suma gañada en cada caso, que poderá ser utilizada ata o 31 demaio na praza de abastos onde se recibiu.

Cabe lembrar que haberá un segundo sorteo o día 3 de maio, polo que os clientes das pazas de abastos poden seguir votando ó seu mellor praceiro para participar no sorteo dos vales de compra.

12 de abril de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.